Chámaselle tecnolecto á especializada propia dos individuos vencellados por unha actividade profesional, como artistas, físicos, profesores etc. É unha linguaxe non esotérica (non pretende o segredo) que xorde da necesidade de designar obxectos ou ideas non moi habituais para o resto dos falantes ou ben de nomealos con precisión, empregando terminoloxías. Ten ligazóns coa lingua común (aínda que cun significado distinto: martelo, ademais do seu significado común, é un termo da música, da anatomía, da zooloxía e do atletismo), pero tamén dá uso e/ou creación de palabras novas (neoloxismos) a partir de elementos xa existentes ou tomados doutras linguas: morfema, monema, lexema (lingüistas), cefalalxia, leucocito, (medicina).Categoría: ESTO ES LO QUE ME SE ESPERO QUE TE SIRVA